Song lyrics downloaded from: https://www.albumsongandlyrics.com ------------------------------------------ Mago De Oz - Memoria da noite ------------------------------------------ Madrugada, o porto adormeceu, amor, a lúa abanea sobre as ondas piso espellos antes de que saia o sol na noite gardei a túa memoria. Perderei outra vez a vida cando rompa a luz nos cons, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar. Veu o loito antes de vir o rumor, levouno a marea baixo a sombra. Barcos negros sulcan a mañá sen voz, as redes baleiras, sen gaivotas. E dirán, contarán mentiras para ofrecerllas ao patrón quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar, quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar. Madrugada, o porto despertou, amor, o reloxo do bar quedou varado na costeira muda da desolación. Non imos esquecer, nin perdoalo. Volverei, volverei á vida cando rompa a luz nos cons porque nós arrancamos todo o orgullo do mar, non nos afundiremos nunca máis que na túa memoria xa non hai volta atrás non nos humillaredes nunca máis. Mi quinta cancion que subo, una vez esta cancion es para ti princesa, la mujer mas hermosa del mundo la mas inteligente, quien me comprende y apoya cuando la necesito, te amo princesa siempre estas en mi pensamiento y en mi corazon.