Pandeirada

by Andrés Do Barro

Hoxe na vila temos a feira tódolos mozos buscan compañeira veñen facendo á súa maneira baila rapaza que ti eres solteira brazos ó vento, meu pensamento é que non deixes de pandeirar Pásase o tempo, non teño diñeiro todo deixeino bebendo ribeiro vai ter que ser que me fíe o tendeiro hoxe só quero escoitar o pandeiro. miña rapaza está namorada moza non deixes de pandeirar vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis) Aínda vén xente polo camiño vanse sumando a bailar cos veciños as rapaciñas levan o viño vanlle ofrecendo o seu son ós veciños brazos ó vento, meu pensamento é que non deixes de pandeirar. Fuxen do mundo as miñas peniñas cando se move miña rapaciña e o amoriño que ela me tiña vaise facendo como a vida miña. miña rapaza está namorada moza non deixes de pandeirar vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis) O tren vai andando pasiño a pasiño pra San Antón xa temos camiño e que xeitoso foise o corpiño seica tamén bailaba o meniño. Pra que non sofras máis de soidade pra que non teñas máis de saudade Hoxe na vila temos a feira tódolos mozos bucan compañeira veñen facendo á súa maneira baila rapaza que ti eres solteira brazos ó vento, meu pensamento é que non deixes de pandeirar vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)